Día do Medio Ambiente

Para celebrar o Día do Medio Ambiente, saímos do colexio , provistos de luvas e bolsas  para recoller o lixo que fomos  atopando nun tramo  do Camiño de Santiago. Sorprendeunos  a cantidade de lixo que recollemos!






De volta ao cole, recollemos flores silvestres para facer uns colgantes moi " chulis" na clase de plástica con pasta de modelar .

Repartimos unhas bandeiras polas clases , acompañadas dun consello para colaborar no coidado do medio ambiente.

Comentarios